Os residuos de ENCE poderían ir parar á planta de Casalonga

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos cre firmemente que ENCE podería ser o "principal produtor" de lodos residuais industriais que xestiona Toysal e "o seu maior cliente"


|

Foto de Fu00e1estafa Seijo. Camiseta Plataforma Casalonga Limpa

Imaxe: Fátima Seijo - Plataforma Casalonga Limpa de Residuos


A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos cre que ENCE podería ser o "principal produtor" de lodos residuais industriais que xestiona Toysal, a empresa que quere abrir unha planta de tratamento de residuos no monte Casalonga, en Teo. 


Segundo a asociación, Toysal necesita unha saída á planta de Xiloga nas Somozas, "pois está completamente ao límite e leva así seis anos". Segundo explican nun comunicado, as industrias coas que traballa a empresa son variadas, e, de levarse a cabo o proxecto, a planta de Teo recibiría residuos do sector conserveiro, depuradoras municipais, sector da alimentación, químicas, fosas sépticas e sector da automoción. 


Planta toysal xiloga as somozas

Planta de Xiloga | Imaxe: Toysal


A eles sumaríaselle o "sector presuntamente máis importante para Toysal", segundo a plataforma: a fabricación e transformación de pasta de papel. "Así o deixa ver o código LER (Lista Europea de Residuos) 'residuos procedentes de tratamento de celulosa' que recolle o proxecto da planta de residuos", explican, o que convertería a ENCE nun potencial cliente. 


Acusan á empresa de utilizar "un eufemismo" para "disfrazar" os códigos LER, pois o proxecto recolle que a planta xestionará "lodos residuais industriais". 


Así as cousas, desde Casalonga Limpa afirman que os vertedoiros galegos están ao límite, e pregúntanse se está ante unha "problemática puntual" ou se pola contra atópase ante un "modelo de emisión e xestión de residuos nefasto para a cidadanía".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE