Nova protesta laboral fronte a unha tenda de Inditex


Os tres principais sindicatos de Galicia poñen o seu foco este venres en Inditex. En concreto, a raíz "paralización do convenio colectivo de comercio vario".


|

Os tres principais sindicatos de Galicia poñen o seu foco este venres en Inditex. En concreto, a raíz "paralización do convenio colectivo de comercio vario".



Zara inditex protesta mulleres traballadoras

Unha pasada protesta ante o Zara da Praza de Galicia/ Eva Neira



Non se trata pois dunha protesta en concreto contra o grupo de Amancio Ortega, pero CIG, UXT e Comisións Obreiras escolleron unha das súas tendas -a de Zara na Praza de Galicia de Santiago de Compostela- para facer visible o seu malestar.


Inditex é un  dos grupos que se beneficia dun convenio que os sindicatos queren mellorar. As centrais levan semanas de protestas porque, denuncian, a patronal quere eliminar o dereito para cobrar o salario íntegro durante as incapacidades temporais.


SALARIOS CONXELADOS

Ademais, lembran que desde 2015 os soldos non se actualizan. Sobre a mesa din que só hai unha oferta para subir o 1 por cento, sen ter en conta os atrasos. Os sindicatos tamén piden limitar os contratos formativos e a tempo parcial.


Este último tipo de contratos están detrás, precisamente, do conflito laboral aberto en Zara Coruña a raíz do despedimento de traballadoras que a empresa mantiña irregularmente en sen un contrato fixo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE