Expertos cifran en 844 millóns público o malgaste en obras públicas innecesarias

Aproximación a la Geografía del despilfarro en España: balance de las últimas dos décadas analiza o malgasto de recursos públicos desde 1995, un total de 81.000 millóns de euros en todo o Estado dos cales 844 corresponden a Galicia. Destacan os sobrecustos en portos e aeroportos, con máis de 1.000 millóns comprometidos de forma inadecuada no porto da Coruña. 


|

  • Aproximación a la Geografía del despilfarro en España: balance de las últimas dos décadas analiza o malgasto de recursos públicos desde 1995, un total de 81.000 millóns de euros en todo o Estado dos cales 844 corresponden a Galicia
  • En Galicia destacan os sobrecustos en portos e aeroportos, con máis de 1.000 millóns comprmetidos de forma inadecuada no porto da Coruña


Puntalangosteira

Porto exterior de Punta langosteira


Aproximación a la Geografía del despilfarro en España: balance de las últimas dos décadas é o informe que publicou un grupo de nove persoas expertas de diferentes universidades españolas, un documento que analiza o malgaste de recursos públicos desde o ano 1995 ata a actualidade nos ámbitos das políticas públicas que se levaron a maior parte do investimento público. 


Así, o documento publicado no Boletín da Asociación de Xeógrafos Españois cifra en 81.000 millóns de euros a cantidade malgastada nas últimas dúas décadas, 45.920 millóns dos cales son da Administración Central, que corresponden basicamente a ferrocarrís, autoestradas e autovías, portos, aeroportos e desaladoras. 


O malgasto, explican no informe, significa "estritamente a falta de eficiencia". Esta ausencia de eficiencia non constitúe un delito como tal na nosa lexislación, e, a pesar de que no últimos dez anos aumentou a preocupación cidadá pola corrupción política, o malgaste de diñeiro público non se percibe como un dos maiores problemas colectivos -ao contrario que a corrupción, que é percibido como o segundo-.


As investigadoras e investigadores estableceron unha comparación entre a produtividade española cun grupo de referencia formado por Finlandia, Francia, Irlanda e Estados Unidos, determinando así que entre 1985 e 1995 "dilapidáronse" en ineficiencias 15.217 millóns de euros, é dicir, ao redor do 5% do Produto Interior Bruto (PIB). No "boom económico ou a década dourada", entre 1996 e 2007, viviuse un período de crecemento, que se ve reflectido no malgaste de 147.732 millóns de euros, un 20% do PIB. Doutra banda, desde que empezou a crise económica en 2008 ata a actualidade, sitúan a cifra no 3% do PIB, ou o que é o mesmo, 31.556 millóns de euros. 


"É innegable que hai moitos casos nos que as administracións promoveron obras innecesarias ou programadas á marxe de criterios de rendibilidade social", di o informe. "E tamén", continúa, "casos nos que se quixo favorecer a determinadas empresas e mesmo que algúns investimentos fosen concibidas sobre todo para favorecer a empresas construtoras". A pesar diso, determinan que o sobrecusto, "en moitos casos", deriva de sistemas de contratación que obrigan ás empresas para concursar á baixa, polo que os custos engadidos "deberían figurar no orzamento inicial". 


Galicia é a oitava comunidade autónoma con máis gasto público en infraestruturas comprometido de forma inadecuada, con 844 millóns de euros -Cataluña encabeza a lista con máis de 9.000 millóns, seguida de Madrid (7.723 millóns) e Comunidade Valenciana (5.936 millóns)-. 


Gasto espau00f1a malgasto táboa

A ALTA VELOCIDADE

A Rede de Alta Velocidade é o primeiro ámbito de estudo do informe. Lembran que, de forma reiterada, responsables políticos ou técnicos insisten en que España é o segundo país do mundo en quilómetros de rede de alta velocidade, con 3.143 km segundo Adif, "tan só por detrás de China". Aínda que é certo que o AVE foi unha baza política moi usada, as expertas e expertos determinan que "non importou tanto a economía e o interese dos cidadáns como a política e unha determinada visión, máis que discutible, do modelo de Estado". 


Na liña Madrid - Galicia, os sobrecustos máis destacables corresponden a o das contornas de Zamora e de Ourense; ao de Valladolid, onde se confiaba nunha operación inmobiliaria para "financiar o soterramento" da que se malgastaron 404 millóns; ou a construción dun apeadeiro na pedanía zamorana de Otero de Sanabria en 2016, localidade de 26 habitantes. 


REDE DE VÍAS DE ALTA CAPACIDADE

"Os orzamentos dedicados a autoestradas e autovías nos plans de infraestruturas foron sempre moito máis elevados que aqueles dirixidos ao ferrocarril e a outros medios de transporte", aclara o informe. Segundo explican, numerosos estudos a escala europea menciónase o "pobre e discutible" balance da política de infraestruturas do caso español, onde, o materia de autovías, "case todas as previstas" non contan con suficiente densidade de tráfico para xustificar as ampliacións, e "propóñense obras xa rexeitadas polo seu forte impacto ambiental". 


Podemos localizar un sobrecusto de 520 millóns de euros na autovía Santiago - Lugo, en sexta posición dos maiores gastos inxustificados en todo o estado. Destaca tamén a autovía que une Verín coa fronteira portuguesa, cun malgaste de 62 millóns de euros. 


PORTOS E AEROPORTOS

Outros medios de transporte onde o malgasto foi importante son os portos e aeroportos. O documento explica que a información oficial de AENA sobre o número de pasaxeiras e pasaxeiros no ano 2017 "é suficiente para concluír que polo menos a terceira parte do total de aeroportos da súa competencia son prescindibles". 


Aeropuertopeinadorvigo

Aeropuerto de Peinador


Deixando ao carón os aeroportos impulsados polas Comunidades Autónomas como os de Lleida, Murcia-Corvera, Huesca e Castelló -os casos máis destacados-, os investimentos estatais e europeas tamén son obxecto de reprimenda. O Tribunal de Contas Europeo critica severamente o aeroporto de Vigo, por ter unha utilización media "inferior ao vlor de referencia". O porto da Coruña, pola súa banda, tamén destaca polo "gran investimento público infrautilizada". 


Así as cousas, o informe estima un sobrecusto de 1.000 millóns de euros no porto exterior da Coruña de Punta Langosteira, 131 millóns no aeroporto de Alvedo, na cidade herculina, 59,4 millóns no aeroporto de Peinador, e 72 millóns no aeroporto santiagués de Lavacolla. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE