Concentración contra a declaración de 'praias caninas' nos areais de Foz e da Calzoa

A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia convocaron unha concentración para este domingo 17 de xuño ás 12 no aparcadoiro da Calzoa para protestar pola declaración das praias de Foz e da Calzoa como praias caninas


|

Playaperro


A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia, apoiadas por numerosos colectivos como ADEGA ou Amigos da Terra, convocaron unha concentración para este domingo 17 de xuño para protestar pola declaración das praias de Foz e da Calzoa como praias caninas. As organizacións reuniranse ao mediodía no aparcadoiro de a praia da Calzoa, baixo os lemas "Canina se, mais non aquí" e "As aves dá Calzoa tamén teñen dereitos". 


Solicitan ao concello vigués que protexa estas praias, que contan, segundo expoñen nun comunicado, con "valores naturais incompatibles con este tipo de uso, a diferenza doutras praias próximas e pouco frecuentadas por bañistas e usuarios que sería perfectas candidatas como praias caninas". 


A presenza de aves acuáticas caracteriza estes areais localizados á beira do treito final do río Lagares e da Xunqueira do Lagares, "feito que lles achega unha gran importancia ambiental". Explican que posúen unha "importante comunidade de aves", que se alimenta e descansa nas proximidades da marisma


Destacan que A Calzoa está catalogado como Habitat Natural de Interese Comunitario 'Dunas móbiles do litoral con Ammophila arenaria' na normativa europea, que o establece como hábitat "ameazado de desaparición", e que require da designación de zonas de especial consignación. 


Por iso, os colectivos convocantes,instan o Concello de Vigo a buscar unha localización "máis adecuada" para unha praia canina, xa que declarar estes areais  é "incompatible" coa "conservación dos os seus valores naturais". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE