Compostela estrea alcaldesa ao coller Noriega o permiso de paternidade

Martiño Noriega acaba de ter o seu segundo descendente, polo que non estará ao mando de Raxoi polo menos durante unhas semanas. Os motivos familiares son, precisamente, unha das razóns polas cales o mandatario non aclarou aínda se aspira á reeleción.


|

Martiño Noriega acaba de ter o seu segundo descendente, polo que non estará ao mando de Raxoi polo menos durante unhas semanas. Os motivos familiares son, precisamente, unha das razóns polas cales o mandatario non aclarou aínda se aspira á reeleción.


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa


O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, acolleuse ao seu dereito ao permiso de paternidade tras o nacemento do seu segundo fillo, tal e como informou o Concello.

Durante as próximas catro semanas --actual período de permiso de paternidade en vigor-- a tenente de alcalde, María Rozas, exercerá como alcaldesa accidental. De feito, leste mesmo venres ofreceu a rolda de prensa posterior á xunta de goberno local.

NORIEGA NON ESTARÁ DESCONECTADO DO TODO
O Concello informou, con todo, que o permiso de paternidade non impedirá que participe en determinados actos de representación e, mesmo, en reunións que sexan consideradas especialmente relevantes.

Do mesmo xeito, Martiño Noriega, que xa é pai dunha nena, ten previsto presidir o pleno ordinario do mes de xuño.

Dáse a circunstancia que, do mesmo xeito que o rexedor compostelán, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, acolleuse tamén ao dereito ao permiso de paternidade, debido a que acaba de ter a súa primeira filla. Durante a súa ausencia, as competencias están asumidas polo concelleiro Xan Duro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE