Antonio Mohamed: "O compromiso co equipo e coa institución para min non son negociables"

|


Antonio mohamed celta


Ricardo Antonio Mohamed toma a substitución de Juan Carlos Unzué á fronte do banco do Real Club Celta de Vigo, e asinará para as dúas próximas campañas do club celeste.


O técnico arxentino, alcumado O turco, quixo deixar claro o seu firme compromiso na súa primeira entrevista como adestrador do Celta. “O erro é parte do xogo, pero o compromiso co equipo e coa institución para min non son negociables”, declarou na conversación que publicou o club na súa web.


A directiva do equipo confiou en Mohamed polo seu estilo de xogo e o seu liderado técnico. O arxentino, que adestra por primeira vez en Europa despois de traballar nos bancos arxentinos e mexicanos, confesa que non ten unha forma estruturada de xogar ao fútbol, porque considera que o deporte “é dinámico”, e “vai cambiando partido a partido”. O técnico considera que “a característica principal é ser un equipo valente, un equipo que se plante en campo rival, que poida xogar igual de local que visitante, que estenda o maior tempo posible unha presión alta sobre o rival e que teña volume de xogo ofensivo”.



Na entrevista, o novo adestrador mantivo que non vai negociar “ a maneira de xogar”. Intensidade e valentía é o que pide o arxentino aos seus xogadores, que deben conformar un equipo que manteña unha alta presión sobre o seu opoñente. “Un equipo que queira ser protagonista ten que ter unha dualidade de funcións”, declara Mohamed, “saber atacar espazos na ofensiva”, e “tamén saber atacar en espazos reducidos”. “O mesmo para defender: defender nun espazo defensivo e nun campo aberto, buscando xogadores rápidos que sentan cómodos con esa maneira de xogar”, explicou.


O turco, que liderará un corpo técnico con cinco integrantes máis, fala en plural sobre o seu futuro traballo no club celeste, e deixa claro a súa ilusión por este novo reto. “Cando recibimos a resposta non dubidamos nin un segundo en aceptar e facer parte desta familia para buscar xuntos os mesmos proxectos e obxectivos”, declara. Mohamed prometeu unha rápida adaptación do corpo técnico que “se demostrará no primeiro partido”.


Para coa afección buscan que senta identificada co equipo. “Que a afección vaia ao estadio e senta feliz de ver ao seu equipo xogar con moita valentía e con ilusión” é o seu principal obxectivo. O adestrador arxentino ha expresado os seus desexos para a próxima tempada: “oxalá que a ambición do club sexa igual á nosa e que podamos xuntos chegar aos máis altos”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress