O conselleiro de Cultura supervisa as obras do recito de O Son do Camiño

|

180525ObrasMonteGozo2


O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez visitou este venres as obras de adecuación do recinto de festivais do parque Monte do Gozo. Fíxoo en compañía da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira. 


As obras de acondicionamento están a levarse a cabo no interior e exterior do recinto, debaixo do escenario, en edificios complementarios de aseos e en elementos de despacho de billetes. 


O espazo acollerá os días 28, 29 e 30 de xuño o festival O Son do Camiño, onde actuarán artistas internacionais da talla de The Killers, Lenny Kravitz, Franz Ferdinand ou Two Door Cinema Club, así como artistas nacionais e galegos como Eladio e os Seres Queridos, Novidades Carminha ou Terbutalina. Tanto os abonos como as entradas dun día se agoraton en cuestión de horas, e actualmente só hai entradas dispoñibles paraa o venres 29.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress