As galegas saen á rúa para esixir investimento contra o machismo

As promesas de tomar medidas contra o abuso das mulleres non poden quedar en meras declaracións retóricas. Este é a mensaxe que lanzaron centos de cidadás en manifestacións nunha ducia de cidades e vilas do país.


|


20180516204708


As promesas de tomar medidas contra o abuso das mulleres non poden quedar en meras declaracións retóricas. Este é a mensaxe que lanzaron centos de cidadás en manifestacións nunha ducia de cidades e vilas do país. 


Centos de persoas participaron na tarde deste mércores en varias cidades de Galicia en manifestacións convocadas polo feminismo unitario para esixir unha maior dotación orzamentaria para loitar contra a violencia de xénero.

A mobilización foi convocada en distintas cidades de España e tamén en 13 localidades galegas, entre elas Vigo, onde participaron unhas 300 persoas. Alí portaron carteis nos que se puido ler "Compromiso = Presuposto" e "Mulleres armadas contra a súa manada".

En declaracións a Europa Press, as portavoces Puri Bernardez e Mercerdes Milar indicaron que con esta manifestación búscase denunciar "o recorte brutal" en 180 millóns de euros da partida destinada ao pacto de estado contra a violencia. "Xa 200 millóns eran escasos, co recorte queda en papel mollado", criticaron.

Así, lamentaron que se dificulta o asesoramento e a asistencia das mulleres, e que se redunda na súa victimización e culpabilización, así como no mantemento do sistema patriarcal que as relega "ao medo e a un papel secundario". "Sobran razóns para a proposta", selaron.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE