Ecoloxistas advirten que a empresa mineira de Touro non xestiona ben as balsas do Proyecto Riotinto (Huelva)

Ecologistas en Acción advertiu da posible rotura da presa de lodos do Proyecto Riotinto en Huelva, o que supoñería "máis de dez veces a cantidade de lodos tóxicos que vertiu a balsa de Boliden en Aznalcóllar".






|

Riotinto atalaia mining

Imagen: Ecologistas en Acción

Ecoloxistas en Acción advertiu da posible rotura da presa de lodos do Proyecto Riotinto 

en Huelva, o que supoñería, segundo o comunicado da asociación, "máis de dez veces a cantidade de lodos tóxicos que vertiu a balsa de Boliden en Aznalcóllar". O proxecto está xestionado por Atalaya Mining, a empresa que pretende reactivar a mina de Touro. 


Segundo a confederación de grupos ecoloxistas, a presa sobordou coas pasadas choivas do mes de abril. Conta con tres seccións dispostas en fervenza -Gossan, xa colmatada; Cobre, iniciada en 1970 e recrecida en 2016; e Auzadera, iniciada en 1987 e recrecida en 2016-, e a rotura dalgunha delas "podería provocar unha rotura en cadea de todas", informa. "En calquera caso", continúa o comunicado, "os lodos caerían desde alturas de entre 46 e 64 metros ao arroio Rejoncillo e ao barranco da Aguzadera, e en pouco máis de 30 minutos chegarían ao río Odiel".


Riotinto atalaia mining

Esquema do Proyecto Riotinto | Imaxe: Ecoloxistas en Acción


"Ecologistas en Acción denuncia malas prácticas de Atalaya Mining na xestión da presa, que están a acelerar a deterioración e a inseguridade da mesma", reza o escrito. "Non están a respectar a distancia de seguridade de 50 metros de praias entre a auga e os muros de contención, o que indica que excederon con fartura a capacidade permitida, e a auga está erosionando eses muros moi perigosamente", di a confederación. 


Acusa á empresa de querer "aforrar custos", xa que, segundo di, "Atalaya Mining nin sequera construíu a plana de espesados de lodos" que esixe a autorización ambiental de 2014 e de 2015, que obrigan a reducir por baixo do 50% o contido de auga nos lodos. 


Ecologistas en Acción acusa tamén á Administración autonómica por non tomar medidas ante esta situación. "A Junta de Andalucía coñece e permite os incumprimentos de Atalaya Mining", din. "En abril de 2016 a autoridade mineira de Huelva acordou a paralización da actividade de vertedura de lodos por incumprimento das condicións de espesado, pero en apenas tres semanas a Dirección General de Minas levantou esa paralización", sentencian. 

relacionada ​Atalaya Minning prevé sacar de Touro 438 millóns cunha rendibilidade do 20%
relacionada Atalaya Mining subiu un 60% en bolsa desde o anuncio da mina de Touro
relacionada Acusan a Atalaya Mining de "insultar e menosprezar" aos detractores da mina de Touro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE