A Valedora do Pobo decidiu actuar de oficio no caso da Mina de Touro

Na reunión tamén interviñeron as deputadas Montse Prado (BNG) e Antón Sánchez (En Marea) , que cualificaron o comportamento da Consellería non de "transparencia", senón de "obstrución absoluta á información pública".

 

|

A valedora do Pobo, Milagres Otero

A Valedora do Pobo


O pasado xoves as organizacións en contra da Mina de Touro-O Pino reuníronse en Santiago coa Valedora do Pobo, para pedirlle que medie na solicitude de información á Administración


Segundo o comunicado publicado polas organizacións convocantes, a Valedora do Pobo, Milagros María Otero Parga deixou claro ao comezo da reunión que "decidiu actuar de oficio pola gravidade e seriedade do asunto". Otero, sempre segundo o comunicado, xa se encontrou con diferentes responsables da Consellería de Economía, Emprego e Industria, manifestándolles a súa obrigación de atender ás peticións. 


"A Valedora confirmou que a solicitude das corenta asociacións está amparada na Lei de transparencia", apuntan as asociacións, que confiman o compromiso de Otero para que se permita a información pública e o acceso a expedientes, aínda que confesou que "ela non podía garantirnos nada". 


Na reunión coa Plataforma en defensa dá Ría de Arousa (PDRA) e a Plataforma veciñal Mina de Touro O Pino Non, as convocantes da reunión, e as máis de 40 organizacións que apoian a petición de información, interviñeron as deputadas Montse Prado (BNG) e Antón Sánchez (En Marea) , que cualificaron o comportamento da Consellería non de "transparencia", senón de "obstrución absoluta á información pública". Tamén estivo presente o parlamentario socialista Xullo Torrado. 

relacionada A Xunta pide afastar o debate sobre a mina de Touro da política
relacionada Ecoloxistas alertan da traxectoria contaminante e corruptora da mineira de Touro
relacionada O caso das verteduras da mina de Touro chega a Bruxelas
relacionada Xa son 22 os concellos contrarios á mina de Touro, sete do PP incluídos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE