Ecoloxistas alertan da traxectoria contaminante e corruptora da mineira de Touro

O 20 de abril de 2008 pasou á historia como a data dun dos maiores desastres ambientais de España, a rotura das balsas de Aznalcóllar en Río Tinto. Vinte anos despois, ADEGA advirte que, visto o expediente de Atalaia Minning, unha traxedia similar "puiden repetirse en Andalucía e Galicia".



|

O 20 de abril de 1998 pasou á historia como a data dun dos maiores desastres ambientais de España, a rotura das balsas de Aznalcóllar en Río Tinto. Vinte anos despois, ADEGA advirte que, visto o expediente de Atalaya Minning, unha traxedia similar "pode repetirse en Andalucía e Galicia".



Dez anos da vertedura de Aznalcollar I image640

Vertido en Aznalcollar nunha imaxe da Junta de Andalucía


A maior asociación ecoloxista do país lembra os antecedentes da actual operadora de Río Tinto, Atalaya Minning. Esta multinacional é a que pretende reabrir a mina de cobre de Touro - O Pino.


As súas promesas de "vertidos cero" non son cribles para os ambientalistas. Tirando de hemeroteca, lembran que na década que Atalaya leva nas minas onubenses "acumula dous expedientes sancionadores por verteduras ao dominio público de máis de dous millóns de metros cadrados", "unha paralización cautelar de actividade produtiva por incumprimento do plan de labores" e "un procedemento penal de contaminación atmosférica a instancias da fiscalía". ADEGA asegura que "o Servizo de Valoración Toxicolóxica de Sevilla determinou a superación dos niveis de emisión de partículas sedimentables (PSD)".


De paso, os ecoloxistas lembran que Trafigura - un dos máximos accionistas de ye un dos grandes nomes da industria mineira a nivel global - ten "abertos nestes momentos procedementos por corrupción en Angola, Brasil, China, Colombia, Urugay, Xamaica, Zambia e Zimbaue", sendo responsable dun "desastre ambiental en Costa do Marfil" e da "venda de diésel contaminado". 


Atalaya e a súa filial galega, Cobre San Rafael, non responderon por agora ás duras acusacións dos ecoloxistas, que conclúen que "vistos os seus antecedentes e o seu comportamento no proxecto mineiro de Riotinto en Andalucía, non hai razóns para pensar que en Galicia non vaia pasar o mesmo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE