A Xunta pide afastar o debate sobre a mina de Touro da política

A Administración segue sen desvelar se dará luz verde ao polémico proxecto de Atalaia Minning. O vicepresidente reclama, iso se, que non se vexa o asunto como un tema político e promete transparencia.


|

O vicepresidente Alfonso Rueda na roda do Consello da Xunta.

A Administración segue sen desvelar se dará luz verde ao polémico proxecto de Atalaya Minning. O vicepresidente reclama, iso si, que non se vexa o asunto como un tema político e promete transparencia.


Así Alfonso Rueda, afirmou que "cada administración, lexitimamente, pode tomar a postura que considere conveniente", preguntado sobre o rexeitamento do Concello de Ribeira, onde goberna o PP, ao proxecto para volver explotar a vella mina de Touro (A Coruña). Son máis de 20 os concellos galegos que aprobaron mocións contra a mina, entre eles varios do PP, como Ribeira, o municipio máis grande que gobernan os conservadores en toda A Coruña.


RODA APOSTA POLA ASEPSIA ADMINISTRATIVA

"Con independencia da súa cor política. Se vísemos isto como cores políticas creo que nos estariamos equivocando", subliñou Rueda, na comparecencia posterior ao Consello da Xunta, este xoves sen a presenza do presidente, Alberto Núñez Feijóo, de viaxe oficial en México.

Por parte do Goberno galego, o vicepresidente destacou que "ten que tramitar unha autorización", a que solicitou a empresa, "e se se cumpre tramitaraa e autorizaraa e se non se cumpre non o fará".

"O que fagan outras administracións respecto dos seus pronunciamientos correspóndelle a outras administracións", engadiu.

A maiores, sobre a crítica de colectivos e a denuncia presentada ante o Valedor do Pobo, Alfonso Rueda comprometeu "absoluta transparencia e absoluta legalidade". "Que a ninguén lle caiba a máis mínima dúbida", aseverou.

"A DISPOSICIÓN DE CALQUERA"


Neste sentido, lembrou que o procedemento está en tramitación e sinalou que hai "moita documentación" que está "a disposición de calquera" a través de Internet e tamén da xefatura territorial da provincia da Coruña.

A Xunta, agregou, está "en prazo" para responder as alegacións. En calquera caso, dixo descoñecer "a queixa" presentada este xoves ante a valedora do Pobo, pero afirmou que o Executivo lle dará "cumprida tramitación" cando a reciba.



Lectura de manifesto contra a Mina de cobre de Touro

Acto crítico coa mina

relacionada Ecoloxistas alertan da traxectoria contaminante e corruptora da mineira de Touro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE