Xa son 22 os concellos contrarios á mina de Touro, sete do PP incluídos
Este mércores o pleno de Ribeira, o concello máis poboado entre os que goberna o Partido Popular na Coruña, votou por unanimidade contra a reapertura da mina de Touro - O Pino. O mesmo fixo, tamén por unanimidade, A Pobra do Caramiñal ao día seguinte.
Este mércores o pleno de Ribeira, o concello máis poboado entre os que goberna o Partido Popular na Coruña, votou por unanimidade contra a reapertura da mina de Touro - O Pino. O mesmo fixo, tamén por unanimidade, A Pobra do Caramiñal ao día seguinte.
Pleno en Ribeira
O caso de Ribeira é especialmente importante. A vila é a máis poboada entre os municipios que goberna o PP e o seu alcalde, Manuel Ruíz Rivas, unha personalidade relevante entre os conservadores.
Unha mostra do éxito da estratexia dos críticos contra a mina de estender as protestas á Ría de Arousa, onde o sector marisqueiro e a baixura -vital para a zona- está preocupado polos plans de Atalaya Minning.
Con estas dúas localidades, a moción crítica coa reapertura da explotación de cobre e prata foi asinada pola Pobra (Nós Pobra), Ribeira (PP), Arzúa (AA), Santiso (BNG), Lalín (CxG), Oroso (PSdG-PSOE), Teo (SON-ANOVA), Santiago (CA), Ames (PSdG-PSOE, Ames Novo, Contigo Podar, BNG), Catoira (PSdG-PSOE), Vilagarcía de Arousa (PSdG-PSOE), Rianxo (BNG), A Illa de Arousa (PSdG-PSOE), Cambados (PSdG-PSOE), O Grove (PSdG-PSOE), Ribadumia (IR); ademais de Vila de Cruces (PPdG), Vedra (PPdG), Padrón (PPdG), Pontecesures (PPdG), Vilanova de Arousa (PPdG) e Boiro (PPdG).
Por outra banda, Abel Losada, deputado do PSOE, visita hoxe a zona, como fixeron previamente deputados de En Marea e Bloque, críticos co proxecto.
Escribe o teu comentario