No calabozo o sospeitoso da brutal puñada (VÍDEO)

A Policía Local do Carballiño detivo na mañá deste mércores ao presunto autor dunha puñada a un home en Ourense. A agresión produciuse en Semana Santa, a noite do 30 ao 31 de marzo, pero ata este martes a vítima non denunciara por medo. Vídeo no interior.


|

Un mozo do Carballiño fíxose lamentablemente famoso esta semana ao publicarse nas redes sociais a súa agresión, brutal e por sorpresa, a outra persoa. Hoxe foi por fin localizado e detido.


A Policía Local do Carballiño detivo na mañá deste mércores ao presunto autor dunha puñada a un home en Ourense. A agresión produciuse en Semana Santa, a noite do 30 ao 31 de marzo, pero ata este martes a vítima non denunciara por medo.



Segundo informou a Garda Civil, o presunto agresor xa foi trasladado ás dependencias da Benemérita da localidade ourensá e estaba previsto o seu pase a disposición xudicial ás 16,30 horas deste mércores no Xulgado do Carballiño.


A vítima declarou que o agresor lle metera unha puñada na cara sen motivo aparente mentres ambos se atopaban conversando de madrugada. O agredido tivo que ser hospitalizado por lesións nun ollo.


O momento da agresión foi gravado por un cómplice do presunto agresor. O vídeo, difundido por redes sociais, axudou a identificar ao detido. Ambos se enfrontan a un delito de lesións e contra a integridade moral.


A Garda Civil continúa a investigación para localizar e poñer a disposición xudicial á persoa que realizou a gravación da agresión.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE