Fundación do Fútbol Galego e Xunta apostan pola inclusión nos colexios
Impulsarán unha competición de fútbol inclusivo entre diferentes equipos por parte dos centros de ensino, "promovendo a participación de nenas e nenos con diversidade funcional".
A Fundación do Fútbol Galego e a Xunta de Galicia veñen de asinar un protocolo de colaboración para "a promoción dos valores da educación inclusiva, a convivecia e a igualdade a través das actividades deportivas".
Nun acto celebrado este mércores 18 de abril ao que acudiron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; e o presidente da Real Federación do Fútbol Galego, Rafael Louzán; as representantes anunciaron, entre outras accións, que van impulsar unha competicion de fútbol inclusivo entre diferentes equipos por parte dos centros de ensino, "promovendo a participación de nenas e nenos con diversidade funcional".
Así mesmo, o protocolo recolle outras medidas como a organización dunha "xornada de convivencia deportiva/fútbol inclusiva na que participen nais e pais, alumnado, docentes, futbolistas e árbitros" e a elaboración conxunta dun decálogo de boas prácticas no fútbol.
Escribe o teu comentario