O deputado de Podemos Juan Merlo declárase "avergoñado" por incluír no seu currículo o título de enxeñería naval que non conseguiu

A web do Parlamento presenta a Merlo como "Enxeñeiro. Formouse como enxeñeiro industrial e desenvolveu a súa actividade laboral primeiro no corpo de mandos dunha coñecida cadea de grandes almacéns e posteriormente á fronte dunha empresa de enxeñería e enerxías renovables"


|

Juan Merlo


No currículo do deputado de En Marea e secretario da organización de Podemos Galicia, Juan Merlo, figuraba un título de enxeñería naval. O parlamentario asumiu o "erro" de que se incluíse desa maneira na súa formación -non acabou a carreira-, algo que, se fixo con "a súa conivencia" pero non coa intención de enganar. Merlo non lle deu "importancia" cando se simplificou o que foron estudos e formación práctica na materia e converteuse na denominación de enxeñeiro.


"Enxeñeiro. Formouse como enxeñeiro industrial e desenvolveu a súa actividade laboral primeiro no corpo de mandos dunha coñecida cadea de grandes almacéns e posteriormente á fronte dunha empresa de enxeñería e enerxías renovables. Participou activamente en diferentes plataformas do 15-M", recolle o seu perfil na web do Parlamento de Galicia. O mesmo texto figura na súa biografía na páxina de Podemos


Neste sentido, tras coñecerse a información publicada por 'ABC', recoñeceu o "bochorno" e a "vergoña" que supón para el esta situación, pero considerou que non é motivo de dimisión do seu escano. É máis, opinou que se o contexto actual non fose o da polémica sobre as titulacións de varios dirixentes políticos, incluído o suposto máster de Cifuentes, serían máis "entendibles as súas explicacións".

Durante as súas declaracións, explicou en varias ocasións que non terminou os estudos por problemas para compatibilizar o traballo e a formación como enxeñeiro debido á situación familiar e asegurou que "non asinou" ningún traballo como enxeñeiro. O que si recoñeceu é que, como "xerente", estivo á fronte dunha empresa de enxeñería.

relacionada Feijóo pide respecto para Cifuentes e defende os seus propios títulos
relacionada Un alcalde do PPdeG anima a Cifuentes a dimitir e o seu partido respóndelle pedindo calma

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE