Bragado abandona o temón de Xerais despues de case un cuarto de século
Un dos personaxes crave da cultura galega destas décadas di adeus ao liderado de Xerais, editorial fundamental no panorama da edicción en galego.
Un dos personaxes crave da cultura galega destas décadas di adeus ao liderado de Xerais, editorial fundamental no panorama da edicción en galego. Manuel Bragado Rodríguez deixou a dirección de Xerais "a petición propia", tras 24 anos á fronte da editorial galega.
Manuel Bragado nunha imaxe de ogalego.gal
Así o anunciou este xoves a editorial a través dun breve comunicado no que agradeceu a Bragado a "profunda e comprometida dedicación" a este proxecto editorial, no que participa desde hai 28 anos e que liderou durante 24.
"Todo este tempo supuxo un intenso revulsivo para a proxección social da cultura galega a través dos libros e da lectura", apunta a editorial.
Manuel Bragado continuará colaborando coas empresas do Grupo Anaya en Galicia como asesor editorial, polo que "seguirá vinculado á nova etapa que se abre a partir de agora", inclúe o comunicado.
Escribe o teu comentario