Estrean na Coruña o 'novo concepto' de tenda da cadea de moda C&A
Incorpora cambios no equipamento, iluminación e organización de espazos co fin de ofrecer unha “maior comodidade aos clientes”
Chega á cidade da Coruña o novo concepto de tenda da cadea internacional de moda C&A, tras unha profunda remodelación para convertela en, de acordo a un comunicado, “un dos seus establecementos máis punteiros a nivel nacional”.
En palabras da compañía, este novo modelo na súa nova tenda de Catro Camiños supón “unha clara aposta da compañía pola cidade da Coruña”, unha renovación que pretende mellorar a experiencia de compra dos seus clientes a través de novas funcionalidades e que, polo momento, só aplicáronse no seu punto de venda de Melilla.
O novo concepto de tenda na Coruña responde a unha superficie de case 2.000 metros cadrados repartidos en dúas plantas, e incorpora cambios no equipamento, iluminación e organización de espazos co fin de ofrecer unha “maior comodidade aos clientes”. Este tipo de distribución “intuitiva”, segundo a cadea de moda, non tardará en estenderse a outras cidades españolas.
Como parte das accións de reapertura, a marca pon a disposición dos seus clientes un servizo gratuíto de estilismo durante os días 22, 23 e 24 de marzo, así como descontos de ata o 20% en compras e xogos cos que acceder a promocións especiais.
Tal e como declarou o director xeral de C&A de España e Portugal, Domingos Esteves, a apertura desta tenda reflicte o seu “compromiso co desenvolvemento de Galicia, un territorio no que estamos presentes desde 1987 e no que contamos con seis puntos de venda”.
Escribe o teu comentario