Cesan a Dionisio López como xerente do CHUO por recortes orzamentarios
O Sergas outorgoulle a Xullo García Comesaña o posto de xerente na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (Eoxi) e do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO)
O Sergas outorgoulle a Xullo García Comesaña o posto de xerente na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (Eoxi) e do Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), tras o cesamento de Dionisio López Bellido despois dun ano no cargo.
A través dun breve comunicado, o Sergas agradece a Dionisio e ao seu equipo “a implicación e o traballo realizado” durante a súa estancia na xerencia. Con todo, segundo informa Faro de Vigo, o distanciamento entre Dionisio e a Consellería de Sanidade deberíase a temas orzamentarios que levarían a unha progresiva perda de confianza.
A posibilidade de unha folga do servizo de limpeza do CHUO atrasaría a substitución, de acordo a Faro de Vigo, un cambio de xerencia vinculado ao que se prometeu no referente a asistencia sanitaria e o que máis tarde se plasmou.
Con esta substitución, o Sergas busca intensificar a súa aposta pola “innovación na xestión”, e pola Eoxi de Ourense como un dos grandes “polos de referencia” para a investigación sanitaria en I+D+i.
Aluden ademais á ampla traxectoria profesional do novo xerente, García Comesaña, quen ademais de cubrir o posto de director de Recursos Asistenciais na Eoxi de Vigo, é licenciado en Ciencias Físicas e sanitario especialista en Radiofísica Hospitalaria. Tamén participou na reordenación da área sanitaria de Vigo e en distintos proxectos de carácter asistencial e tecnolóxico.
Escribe o teu comentario