A reforma que suprime áreas sanitarias superará o penúltimo trámite con escasos retoques

A lei que suprime as actuais áreas sanitarias e que reducirá a sete (vinculadas ás grandes cidades) as existentes superará este venres día 9 o penúltimo trámite antes de entrar en vigor e facer efectiva o principal aspecto da lei.

|


Hospitalsanitarios


A lei que suprime as actuais áreas sanitarias e que reducirá a sete (vinculadas ás grandes cidades) as existentes superará este venres día 9 o penúltimo trámite antes de entrar en vigor e facer efectiva o principal aspecto da lei.


No trámite de relatorio, publicado no Boletín Oficial do Parlamento, e cuxo resultado se debaterá o vindeiro venres na Comisión de Sanidade con apenas uns retoques na participación social a través do Consello Galego de Saúde.


Aínda que fontes coñecedoras das negociacións en relatorio explicaron a Europa Press que se tratou de modificar a supresión das áreas ou incluír, polo menos, unha carteira de servizos en todos os hospitais comarcais (que pasarán a estar adheridos a outro hospital de referencia dunha das grandes cidades), o PPdeG non aceptou ningunha destas cuestións.


No que si houbo acordo de todos os grupos, segundo recolle o relatorio, é nunha modificación do artigo 23, relativo aos órganos de participación. Neste sentido, incluíuse que os plans que se desenvolvan sobre funcións consultivas e de asesoramento deberán incluír avaliación dos resultados de execución.


Ademais, os membros dos órganos de participación terán dereito á información relativa ás materias sobre as que teñan competencia, con acceso e consulta, en calquera momento e nun tempo razoable, sobre os datos ou documentos da Administración, como poden ser as listas de espera ou os orzamentos.


Finalmente, outra das novidades que se incluíu no texto que sairá do Parlamento e por mor dunha emenda presentada polo PSdeG e transaccionada é a incorporación da Secretaría Xeral de Igualdade neste órgano consultivo, ademais dos distintos colectivos que forman parte.


relacionada ​Unha avaría provoca que pacientes graves estean nos corredores e que outros reciban dobre dósis de raios
relacionada Os recortes sanitarios e as listas de espera impídenlle a unha paciente "vivir sen dor"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE