Posible suspensión das clases en centros das zonas afectadas pola onda de frío

A poucas horas da chegada do peor da onda de frío, moitos pais e nais seguen sen estar seguros se mañá deberán levar aos seus fillos ao colexio. A Administración dá carta branca aos centros escolares para abrir ou non, o que enerva a un sindicato.


|

A poucas horas da chegada do peor da onda de frío, moitos pais e nais seguen sen estar seguros se mañá deberán levar aos seus fillos ao colexio. A Administración dá carta branca aos centros escolares para abrir ou non, o que enerva a un sindicato.


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) decretou a alerta laranxa, que se estenderá desde as 20.00 horas deste martes ata as 12.00 horas deste mércores, por nevadas con espesores de máis de cinco centímetros no sur de Ourense, Valdeorras e no centro e o sur de Lugo.



Predicións parae o mércores 28 de febreiro en Galicia


A pesar diso, a Comisión Escolar de Alertas decidiu, como pasou noutras situacións similares, non suspender as clases nin o transporte nas zonas afectadas, aínda que delegan nas direccións dos centros a toma de medidas e decisións oportunas para o caso de que as circunstancias "supoñan un risco superior".


A maiores, tamén estarán en alerta amarela as zonas montañosas de Lugo e Ourense, o noroeste de Ourense e o interior da Coruña e Pontevedra.



Previsión neve desde 27 febreiro de 2018


Esta decisión motivou as críticas do sindicato FETE-UXT, quen instou a Educación a "asumir a súa responsabilidade" e tomar medidas para "garantir a seguridade" da comunidade educativa.



Neve lugo

relacionada Alerta laranxa e previsión de neve na costa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE