Alerta laranxa e previsión de neve na costa

O peor da actual ola de frío está aínda por chegar. Será a partir da tarde do martes cando a situación empeore con nevadas importantes no interior que se irán estendendo ao resto de Galicia.


|

O peor da actual ola de frío está aínda por chegar. Será a partir da tarde do martes cando a situación empeore con nevadas importantes no interior que se irán estendendo ao resto de Galicia.


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activará desde as 20,00 horas deste martes a alerta laranxa en zonas das provincias de Lugo e Ourense pola volta das nevadas.


Previsión neve desde 27 febreiro de 2018

En concreto, o aviso laranxa afectará o sur de Lugo, e de madrugada estenderase ao centro da provincia, así como ao sur de Ourense e a comarca de Valdeorras.

Nestas zonas espérase acumulación de polo menos 4 centímetros de neve por encima dos 300 ou 400 metros. Ademais, este martes tamén haberá aviso amarelo por neve na montaña de Lugo, no noroeste e na montaña de Ourense, e no interior da Coruña.

Xa para o mércores, a acumulación de neve chegará aos 6 centímetros e espérase practicamente que apareza a calquera cota das zonas do centro e sur de Lugo e Valdeorras e sur de Ourense.


A52OurenseNeve

Así mesmo, a neve afectará tamén a zonas do interior e noroeste da Coruña, A Mariña e montaña de Lugo, e noroeste e montaña de Ourense, que estarán en nivel amarelo, con acumulacións de entre 4 e 8 centímetros. Así, poida que chegue a nevar a nivel do mar, aínda que as acumulacións espéranse por encima dos 50-100 metros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE