A Igrexa convoca unha protesta na Catedral e o alcalde di que é un desencontro puntual
O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e o Cabildo da SAMI Catedral expresaron o seu "profundo sentimento de pena" polo pregón satírico do humorista Carlos Santiago no entroido de Compostela e convidaron este sábado a un "acto de desagravio" ao apóstolo Santiago e á virxe do Pilar. Para Martiño Noriega a relación coa Igrexa é boa, á marxe deste episodio.
O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e o Cabildo da SAMI Catedral expresaron o seu "profundo sentimento de pena" polo pregón satírico do humorista Carlos Santiago no entroido de Compostela e convidaron este sábado a un "acto de desagravio" ao apóstolo Santiago e á virxe do Pilar.
Para Noriega estamos ante unha polémica puntual
O Concello reaciona sacándolle ferro ao asunto. "A interlocución e relación co arcebispado están blindadas", di Martiño Noriega. O alcalde cre que "hai sintonía porque máis alá de polémicas puntuais, trátase dunha das catro patas da cidade, que é de consenso, e encargámonos de coidar da relación".
Na súa opinión estamos ante unha polémica interesada en base a "desinformación". O político nacionalista tamén denunciou as ameazas recibidas polo pregoeiro nas redes.
💬 @Martinhonoriega: cando entramos en ameazas de morte e ao contorna familiar non podemos restarlle a importancia que ten.
— Compostela Aberta (@compostelaberta) 16 febreiro 2018
Non caso do pregón hai desinformación interesada, pero algúns non miden as consecuencias dúas seus actos. Hai quen apunta, hai quen ameaza e hai quen ampara. pic.twitter.com/pe3DYe2acw
VIXILIA DE PROTESTA NA CATEDRAL
A través dun comunicado de prensa, "facéndose eco do sentimento dos católicos e persoas de boa vontade" de "Santiago e outros lugares", a Catedral de Santiago trasladou o seu "profundo sentimento de pena por un feito tan deplorable como o ocorrido no pregón das festas de Entroido deste ano 2018".
"Non é de recibo que se poida desprezar gravemente a figura do apóstolo que dá nome e fai presente á súa cidade no mundo enteiro", reprocha a Catedral de Santiago.
Así, subliña que "Santiago e a virxe do Pilar están vinculados á memoria e á vida desta cidade e a todos os Camiños que conducen ao sepulcro do apóstolo". "Sen eles non seriamos o que somos nos distintos ámbitos da sociedade, a cultura, a espiritualidade, etc...", engade.
Por iso, defende que "a Igrexa Compostelá foi, e quere seguir sendo, un espazo de encontro, diálogo e acollida con todos aqueles que desexan construír un mundo máis xusto e fraterno".
"Ante un feito que rompe irrespetuosamente co devandito anteriormente, convidamos a un acto de desagravio, ao noso patrón o apóstolo Santiago e a nosa señora a virxe do Pilar", insiste. Para iso, todos os que o desexen poderán participar nunha Vixilia de Oración na Catedral ás 17,30 horas deste sábado, día 17 de febreiro.
Escribe o teu comentario