Pechado definitivamente, as administracións desatenden a reclamación dos pensionistas, que piden que se rehabilite como centro de maiores público.Pola contra, a "Tesourería da Seguridade Social chegou a un acordo con Ibermutuamur para que esta sociedade fágase co uso das instalacións para un uso particular, un paso máis na política de cesión de espazos públicos a mans privadas", critican desde Comisións.
A Seguridade Social púxolle un prezo duns 3.500.000 euros. En Marea demanda á Xunta que aproveite esta "nova posibilidade" para "cubrir a demanda sanitaria" de Vigo.