O conselleiro delegado do Grupo Euskaltel, José Miguel García, sinalou que "se trata dun acordo moi importante para o Grupo Euskaltel xa que nos permite garantir o acceso ás redes tecnolóxicas máis avanzadas de 5G para poder ofrecer aos nosos clientes produtos e servizos de máxima calidade e valor. Este acordo permítenos dar o mellor servizo aos nosos clientes existentes, así como aos novos clientes da expansión nacional".
Euskaltel operaba R Cable tamén en Cantabria e León. Agora a marca só sobrevivirá en Galicia e no resto de zonas expandirase baixo a denominación Virgin, salvo Asturias e País Vasco.