Verín

Novos brotes de covid en Verín, Xinzo e O Barco elevan a 13 os detectados en Ourense en 3 días
As autoridades sanitarias han informado este venres de tres novos brotes de covid-19 na provincia de Ourense, que suman sete casos, así como dun aumento no número de contagios doutros oito focos detectados en xornadas anteriores.
A área sanitaria de Ourense confirma novos brotes Verín, O Barco e Ourense cidade
As autoridades sanitarias han informado este xoves de catro novos brotes de COVID-19 detectados nos municipios de Verín, Ourense e O Barco de Valdeorras, que suman 19 casos activos.
O brote de coronavirus no Hospital de Verín provoca a baixa do 25% de sanitarios na unidade de COVID

No complexo hospitalario de Verín son oito os traballadores afectados e todos eles pertencen á unidade de hospitalizados por coronavirus.


A Xunta admite a súa preocupación polo alcance do brote de Verín, unha zona envellecida e con moitos hospitalizados
Limita ao 50% o aforo de establecementos e recomenda aos maiores de 75 anos non saír de casa en horas de maior afluencia
Outro foco en Verín elevan a 18 os brotes detectados na provincia en 8 días
As autoridades sanitarias han informado este luns dun novo brote de coronavirus detectado no municipio ourensán de Verín e que afecta a tres persoas.
A Coruña mellora pero Santiago e Lugo seguen disparadas, indica a gráfica do coronavirus por áreas sanitarias
Por áreas sanitarias, Lugo e Santiago volven ser as máis castigadas hoxe, produto de brotes como o de Melide e o da residencia de Outeiro de Rei. A boa noticia é que A Coruña, por fin, parece que está superando o pico do seu rebrote, hoxe só ten 10 casos activos máis. Máis información detallada sobre a evolución en cada área sanitaria, aquí.
(VÍDEOS) Son xa preto de 160 as hectáreas arrasadas polo lume no incendio de Verín, o máis destrutivo dos que hai activos
O incendio que afecta a Verín (Ourense) continúa activo este xoves, tras queimar xa ao redor de 160 hectáreas, e outro lume que comezou a pasada noite calcinou máis de 20 hectáreas no municipio ourensán de Riós, de acordo coa información actualizada ata as 9,00 horas da Consellería do Medio Rural.
A brigada aerotransportada de Laza ten que ir en coche a apagar un lume porque segue sen helicóptero (vídeo)
Efectivos de extinción traballan a esta hora para tentar sufocar un incendio forestal rexistrado no municipio de Verín, en Ourense, que quedou estabilizado pasadas as 21,00 horas.
Atopan desorientado e a 4 quilómetros da súa casa ao home desaparecido en Verín
Axentes da Garda Civil han localizado a un home, acompañado do seu can, desorientado, supostamente por mor dunha demencia senil, a uns catro quilómetros da súa casa no termo municipal de Verín (Ourense).
(VÍDEO) Ourense e Verín, as máis castigadas polo temporal de vento que levantou tellados e partiu árbores en dúas
O vento alcanza os 145,6 quilómetros por hora na Pontenova (Lugo) e 135,9 km/h en Carballeda de Valdeorras (Ourense)
Sorpréndeno viaxando de Portugal a Francia e dá positivo por drogas
A Garda Civil do Subsector de Tráfico de Verín (Ourense) interceptou a un condutor que obtivo resultado positivo no test de drogas cando circulaba en tránsito de Portugal a Francia, onde reside, supostamente para incorporarse ao seu posto de traballo.
​Paraugas nos balcóns de Verín contra a tormenta do coronavirus: “Nunca choveu que non escampara”

Tirando do refrenaero popular galego, os veciños da rúa Luís Espada de Verín animan a todos aqueles que loitan contra o coronavirus. 

O feminismo caldea o 8M cunha manifestación multitudinaria en Verín contra "a violencia institucional" da Xunta

As rúas de Verín tinguíronse de morado este domingo cunha multitudinaria manifestación feminista que percorreu o pobo para protestar contra "a violencia institucional" do Goberno galego e reclamar a visibilización do rol de coidados que historicamente desempeñaron as mulleres.

Feministas marcharán por Verín para aplaudir ás loitadoras que lograron reabrir o paritorio público

Segundo indican fontes da organización a Galiciapress, escolleuse este ano a vila ourensá por, entre outros factores, o destacado papel das mulleres verinesas nas protestas que obrigaron ao SERGAS para rectificar e reabrir o paritorio público.Unha das protestas contra o peche do paritorio de Verín Ademais, argumentan que este ano se quere facer énfase no papel das galegas como coidadoras de persoas maiores ou dependentes, un labor que asumen en moitos casos con pouco ou nulo apoio e  sen recoñecemento social e público.

Faltan pediatras na Costa da Morte, vacantes que a Xunta "cobre con médicos con curso de puericultor"
A CIG-Saúde reclama pediatras para a zona da Costa da Morte, mentres que a xerencia sanitaria da área da Coruña e Cee asegurou que "traballa niso".
Un coche queda encaixado debaixo dun camión nun accidente que deixa dous feridos en Cualedro
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado na mañá deste mércores no termo municipal de Cualedro (Ourense) ao finalizar encaixado nos baixos dun camión o coche no que circulaban.
Cuarto parto no hospital de Verín, que segue pendente da reapertura e da chegada de pediatras

Unha muller deu a luz na madrugada deste venres no paritorio do hospital de Verín. Trátase do cuarto nacemento desde que a Xunta de Galicia dese a orde o pasado 1 de decembro de pechar este servizo. 

A Xustiza non obrigará á Xunta a reabrir o paritorio de Verín
Alega que "non se produce" un "risco inminente e grave para dereitos constitucionais dignos de protección"
​Hospital de Verín: xinecólogos aplauden a reapertura, a esquerda carga contra Feijóo e Baltar apúntase o tanto

Profesionais médicos e políticos valoran a reapertura do paritorio do Hospital de Verín, que a semana que vén anunciará a contratación de dous pediatras para reiniciar o seu correcto funcionamento a principios de febreiro.

O SERGAS anuncia a chegada de dous pediatras a Verín e a reapertura do paritorio a comezos de febreiro
O Sergas avanzou este sábado que formalizará a próxima semana a contratación de dous pediatras para o hospital de Verín (Ourense) para a atención de recentemente nados, mentres que prevé a reapertura do paritorio "nos primeiros días" de febreiro, tras permanecer pechado desde comezos de decembro, nunha decisión que provocou gran contestación social.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE