Sorpréndeno viaxando de Portugal a Francia e dá positivo por drogas
O sancionado nun control en Verín alegou que se dirixía ao seu posto de traballo no país galo
A Garda Civil do Subsector de Tráfico de Verín (Ourense) interceptou a un condutor que obtivo resultado positivo no test de drogas cando circulaba en tránsito de Portugal a Francia, onde reside, supostamente para incorporarse ao seu posto de traballo.
Foto do control remitida pola Garda Civil
Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon durante a madrugada do domingo 26 de abril cando axentes realizaban un punto de control na autovía A-52, á altura do termo municipal de Verín.
Os axentes procederon á identificación dun vehículo, conducido por un home de 37 anos de idade, de nacionalidade portuguesa e con residencia en Francia, que manifestou retornar a Francia para reincorporarse ao seu posto de traballo.
No momento da identificación os axentes observaron "posibles signos afíns a un consumo de substancias estupefacientes", polo que se someteu ao condutor a un test indiciario de drogas, no que obtivo resultado positivo, polo que se fixo cargo da condución o seu acompañante.
Escribe o teu comentario