Paraugas nos balcóns de Verín contra a tormenta do coronavirus: “Nunca choveu que non escampara”
Tirando do refrenaero popular galego, os veciños da rúa Luís Espada de Verín animan a todos aqueles que loitan contra o coronavirus.
Tirando do refraneiro popular galego, os veciños da rúa Luís Espada de Verín animan a todos aqueles que loitan contra o coronavirus.
Balcóns dos veciños de Verín | Fonte: www.diariodotamega.es
Sanitarios, transportistas, dependentes…moitos son os que se atopan hoxe en primeira liña ante a tormenta. Sufrindo as inclemencias desta crise provocada polo coronavirus, un grupo de veciños de Verín decidiu sacar os seus paraugas ao balcón para, de modo simbólico, dicir que todo vai saír ben.
“Se chove, que choia pero…nunca choveu que non escampara”, din os veciños de Verín que iniciaron esta campaña, que pronto deu o salto á beirarrúa de en fronte e aos poucos vanse sumando máis edificios a esta iniciativa cidadá, unha das moitas que xurdiron durante o estado de alarma para arroxar un pouco de positividade a esta situación.
Balcóns da rúa Luís Espada de Verín | Fonte: www.diariodotamega.es
De feito, os datos indican que nas últimas semanas a incidencia da enfermidade comezou a estabilizarse ou mesmo a remitir nas áreas sanitarias de Galicia. Parece que estamos preto das últimas pingas do ballón, pero ata que non salga o sol, sempre vén ben ter a man o paraugas.
Escribe o teu comentario