A empresa denuncia o acoso dos folguistas aos transportistas que levan residuos a SOGAMA.
Tras máis de dúas horas de negociación, os oito empregados despedidos néganse a ser reabsorbidos en traballos con condicións similares, como reflectía a oferta de emprego.
A empresa realizou unha rolda de prensa na que puxo en contexto a situación actual, denunciou os malos tratos intencionados durante anos dos condutores aos camións con “choques intencionados contra columnas” e a negativa para reincorporar aos traballadores despedidos. Ademais, deixou a porta aberta á posibilidade de eliminar a división encargada do transporte de lixos.