O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou este mércores que o Sergas respecta e acata a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que o obriga a abonar os custos dunha mamoplastia e vaginoplastia dunha muller trans "porque a vontade de Sanidade era ofrecerlle ese servizo", pero achacou a situación a un contexto de "transición sanitaria".
A portavoz da asociación Arelas alerta durante unha concentración en Santiago que moitos menores "pensan no suicidio" por culpa do odio e a transfobia.