O Debate do Estado de Autonomía empeza este mércores co décimo discurso de Alberto Nuñez Feijóo como presidente da Xunta. O líder do PP presentará novas medidas a favor da natalidade -como favorecer as garderías nas empresas e unha mellor Tarxeta Benvida-. O mandatario presumirá de que Galicia é "a mellor comunidade para ter familia", a pesar da constante perda de poboación, con Galicia batendo as súas peores marcas de natalidade e Ourense liderando as clasificacións de peor natalidade e maior envellecemento.
As traballadoras relacionaron a enorme precariedade que soportan co problema de envellecemento que sofre Galicia. O presidente reacciona prometendo contratos "estables, prorrogables por anos" de forma inmediata e adiantando que haberá máis diñeiro para as familias que teñan bebés, pero só para algunhas.
Aos bebés nados en agosto, está a chegarlles a axuda mensual en decembro. Tal é o atraso da Tarxeta Benvida por falta de fondos, que a Xunta pretende solucionar cambiando o prazo de solicitude.
En 2016 as familias de máis de 15.000 bebés, ao redor do 80% dos nacementos, recibiron a axuda.