A Xunta amplía en 420.000 euros o 'cheque bebé' para nacidos en 2016
En 2016 as familias de máis de 15.000 bebés, ao redor do 80% dos nacementos, recibiron a axuda.
A Xunta publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ampliación en 420.000 euros da Tarxeta Benvida sobre o orzamento inicial de nove millóns de euros para os nenos nados en 2016.
Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, en 2016 as familias de máis de 15.000 bebés recibiron esta axuda, o que supón cubrir ao redor do 80 por cento dos nacementos producidos o ano pasado.
Neste sentido, en 2017 ampliáronse os supostos para obter a axuda, de forma que incluirá ás familias que estean a esperar a adopción dun neno menor dun ano.
Escribe o teu comentario