Desde a Unión Sindical Obreira (USO) consideran que a decisión de Ryanair de pechar a súa base na capital galega responde a motivos arbitrarios, tendo en conta que a compostelá dabe benficios. De fondo, o pulso que mantén a empresa co Ministerio de Consumo e a súa intención de facer máis diñeiro noutros aeroportos, a pesar de deixar preto de cen damnificados en Santiago, para os que Ryanair planea un traslado forzoso a Alacante ou Málaga.