Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación na comunidade mellora esta xornada despois de dous días ofrecendo cifras de novos casos positivos á alza. Hoxe, aínda que os contagios seguen estando por encima do medio milleiro, son inferiores aos máis de 660 que arroxou venres e xoves. Isto axudou a rebaixar a presión no conxunto de áreas sanitarias.
Neste contexto de pandemia, desde Moncloa traballan para que "unha parte substancial da poboación" reciba as vacinas canto antes "con todas as garantías" de seguridade. "Estivemos traballando desde setembro neste plan, que será aprobado o vindeiro martes en Consello de Ministros.
Os datos do Servizo Galego de Saúde mostran como o empeoramento paulatino da situación en Galicia culminou hoxe cunha escalada de novos casos na área de Vigo.
A segunda onda parece encarar un lixeiro declive nalgunhas comunidades autónomas. As cifras, a pesar de non ser tan terribles como nas da primeira onda especialmente no referido á presión hospitalaria, destacan sobre todo polo alto número de contaxiados, pero é no número de vítimas onde podería haber un baile nas contas.
Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten unha vez máis a situación dispar que se vive nas áreas sanitarias galegas e que está a lastrar a evolución da comunidade.
Fernando Garea Vidal, director do CEIP Fogar de Carballo que soporta 40 casos positivos nas súas instalacións e nove aluas pechadas, atende a Galiciapress para abordar a delicada situación que atravesa o centro.
Ademais, a área auriense é a que menos novos positivos computou, con só 26 novos casos, e a que ofrece a positividade máis baixa e toda Galicia: 1,4%.Santiago de Compostela tamén destaca neste apartado ao contar cunha positividade do 1,5%, moi por baixo do tope que marca a OMS do 5%.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que Galicia mantén o seu desescalada de casos na maioría das súas áreas sanitarias, aínda que algunhas, como hoxe A Coruña, aínda se resisten a rebaixar as súas cifras de forma constante.A área herculina é ademais a única que hoxe conta con máis dun centenar de novos positivos, aínda que non é a que rexistra a maior porcentaxe de positividade.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a comunidade galega ha experimentado un pequeno paso atrás esta xornada, provocado en gran medida polos brotes rexistrados en residencias como a de Mos, cuxa última actualización contaba con 110 contaxiados. O repunte é especialmente pronunciado nas áreas de Vigo e Lugo, con máis de medio centenar de novos casos activos. Seguen en descenso Ourense, Santiago de Compostela e Ferrol.
Joaquim Segalès, investigador do Centre de Recerca de Salut Animal (IRTA-CReSA), recalca que as primeiras vacinas que saian ao mercado protexerán "contra a circunstancia clínica, non contra a infección", co que o virus seguirá colonizando corpos, pero non lles provocará ningunha enfermidade.