O xinecólogo que liderou a loita por manter o paritorio de Verín, expedientado polo SERGAS

O responsable do servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín e unha das caras máis visibles durante o conflito do paritorio, Javier Castrillo, foi notificado da apertura dun expediente disciplinario en relación a uns feitos que acudiron hai case un ano, xusto antes de que se fixese efectivo o polémico peche do paritorio comarcal, posteriormente reaberto pola Xunta.

|

Javier Castrillo, responsable do servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín, foi notificado coa apertura dun expediente por uns feitos que sucederon pouco antes de que se anunciase o peche do paritorio, algo que se evitou grazas ao movemento cidadán. 


Castrillo tacha de "vinganza" esta apertura dun expediente "que se incoa en Vigo, onde Félix Rubial estivo tamén á fronte da área sanitaria". Podería estar apartado da súa profesión dous anos.


Manifestación en contra do peche do paritorio no Hospital comarcal de Verín


Manifestación para salvar o paritorio de Verín


O responsable do servizo de Xinecoloxía do Hospital de Verín e unha das caras máis visibles durante o conflito do paritorio, Javier Castrillo, foi notificado da apertura dun expediente disciplinario en relación a uns feitos que acudiron hai case un ano, xusto antes de que se fixese efectivo o polémico peche do paritorio comarcal, posteriormente reaberto pola Xunta.

Segundo explicou a Europa Press o propio Castrillo, a actuación pola que se lle incoa o expediente remóntase ao pasado 30 de novembro de 2019, xornada na que naceu o que, en principio, estaba chamado a ser o último neno que nacería no centro sanitario comarcal.

Castrillo sostén que a neno nación "sen complicacións nin ningún problema" e sinala que as matronas ratificaron que así era, pero a pediatra de garda recomendou que "se derivase ao neno a Ourense", topándose coa oposición do xefe de Xinecoloxía, por non ver razón para iso.

Finalmente, o bebé acabou sendo trasladado, pero o Sergas notifica agora un expediente ao ginécologo, segundo a súa versión, por contravir a decisión doutra profesional, neste caso a pediatra, o que considera unha falta "grave".


DOUS ANOS DE INHABILITACIÓN

O doutor Javier Castrillo ve neste expediente, "que se incoa en Vigo, onde Félix Rubial estivo tamén á fronte da área sanitaria", unha "vinganza" do agora xerente da área ourensá. O castigo ao que se expón podería alcanzar os dous anos de inhabilitación profesional.


Á espera dos pasos administrativos que poidan derivar tras a notificación en clave interna, Castrillo, quen recibiu o aviso do expediente o pasado luns, prevé solicitar que se lle entregue unha copia do contido das actuacións iniciadas contra el, co fin de poder defenderse.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE