O Goberno de España xa conta cun plan de vacinación que aprobará o vindeiro martes
Neste contexto de pandemia, desde Moncloa traballan para que "unha parte substancial da poboación" reciba as vacinas canto antes "con todas as garantías" de seguridade. "Estivemos traballando desde setembro neste plan, que será aprobado o vindeiro martes en Consello de Ministros.
O Goberno de Pedro Sánchez ten perfilado para a súa aprobación no Consello de Ministros deste martes a estratexia de vacinación para a poboación española. Neste contexto de pandemia, desde Moncloa traballan para que "unha parte substancial da poboación" reciba as vacinas canto antes "con todas as garantías" de seguridade.
"Estivemos traballando desde setembro neste plan, que será aprobado o vindeiro martes en Consello de Ministros. Estamos preparados", aventurou o presidente, que ademais sinalou que España será, jutno a Alemaña, o primeiro país en contar con este plan.
"Estamos a reducir a curva e os contagios, pero non podemos relaxarnos nestes momentos tan críticos como o Nadal, nas que imos gozar cos nosos seres queridos pero onde se vai a aumentar a mobilidade", sinalou Sánchez.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario