​Só un positivo no cribado ao CEIP Fogar de Carballo: “Somos o único centro de Galicia que fixo PCR a todo o mundo”

Preto de medio milleiro de alumnos do centro carballés foron sometidos ás probas PCR, que reportaron un único caso positivo no cribado. A maiores, durante a fin de semana, un alumno informou do seu positivo relacionado cun foco externo.


|

Preto de medio milleiro de alumnos do centro carballés foron sometidos ás probas PCR, que reportaron un único caso positivo no cribado. A maiores, durante a fin de semana, un alumno informou do seu positivo relacionado cun foco externo.


Estes son os datos que traslada a dirección do CEIP Fogar, que no seu día chegou a contar con 40 casos positivos, a Galiciapressque a semana pasada adiantou a decisión da Xunta de realizar este cribado, pioneiro na comunidade galega e que avaliou o estado de preto de 900 persoas entre alumnos, persoal docente e non docente.


Fernado Garea director do CEIP nunha pasada reunión co alcalde de Carballo

 Fernando Garea, director de o CEIP Fogar de Carballo, nunha pasada reunión co alcalde de Carballo


“Mellorou moito a situación”, celebra o director Fernando Garea Vidal, encargado de capear o temporal ao longo dun mes de novembro moi duro onde a enfermidade golpeou o centro educativo “como un tsunami”. O cribado ao que foi sometido todo o centro tan só reportou un novo caso positivo, asintomático e que xa se atopa illado, co que se logrou “o obxectivo” que buscaban desde a dirección: “Concluír que non hai foco interno no CEIP Fogar”.


"Somos o único centro de Galicia que realizou PCR a todo o mundo: todo o alumnado fixo a proba, todo o persoal docente, o persoal de limpeza, de cociñas, de transporte...Son case 900 PCR", subliña Garea cos informes que lle remitiu a Xefatura Territorial de Sanidade. 


Nestes momentos o centro só ten unha aula pechada cando a semana pasada eran nove as clausuradas. Garea comenta que para este xoves, se nada o impide, a totalidade das aulas do centro recuperarán a normalidade. “Hoxe hai activos catorce casos: sete alumnos; sete docentes”, sinala Garea. Deses sete docentes afectados espérase que polo menos catro regresen ao centro ao longo da semana, do mesmo xeito que os alumnos coa excepción dos dous últimos positivos reportados ao longo da fin de semana. “Se todo vai ben a semana que vén teremos todas as aulas abertas e só dous casos activos entre os alumnos, que é o normal nun centro”, admite.


En canto ao estado de saúde dos docentes, xa que algún revestía síntomas a semana pasada, desde o centro trasladan que a súa evolución é boa. “Todo dentro da normalidade e evolucionan ben. Non todos se incorporarán agora e algún talvez tarde un pouco máis en incorporarse, pero mellorou a súa situación”, destaca o director.


CAMBIOS

Con estes resultados na man, Garea recalca que agora se presenta “unha situación nova” no centro, e que a experiencia lles ha levado a realizar unha serie de cambios para tentar manter a estabilidade. Entre os cambios destacados, a dirección determinou que as merendas pasen a realizarse sempre que sexa posible fose da aula, e que nos días de choiva que impida saír da clase as merendas realícense “con todas as xanelas abertas”.


“Imos ter algo máis de frío, pero cremos que é bo”, considera Garea, que tamén recomenda ter as portas das aulas abertas para mellorar o fluxo de aire. Nesta liña, no centro están a explorar novas alternativas para garantir a ventilación constante das aulas, incluso a posibilidade de utilizar mecanismos de ventilación artificial. Con todo, nestes momentos os esforzos do persoal están enfocados a reiterar as medidas de hixiene, de distancia de seguridade e de protección para evitar que se volva a repetir un caso tan dramático.


De nada valen as burbullas que temos aquí se non se manteñen fóra. O traballo de aquí vale de pouco se logo celebramos uns aniversarios en casa e convidamos a seis nenos de distintas aulas”, conclúe Garea.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE