Os Fanjul, unha coñecida e poderosa familia cubana afincanda en Miami, actuará probablemente como anfitrión do Emérito. Na República Dominicana posúen a Casa de Campo, un complexo hostaleiro que se atopa entre os máis luxosos de todo o Caribe.
Omni Viktor reflicte esta odisea familiar -tan común entre as familias galegas hai unhas poucas xeracións- en "Currante", un rap cheo de referencias sociais e críticas ao racismo latente na sociedade galega, pese ao reducido número de emigrantes no país. "Claro que quiero trabajar que quiero echar pa adelante, no ser un paisano mas que vive su vida errante, pero como tu comprenderas soy un inmigrante y es humillante, que a la hora de entregar un curriculum te vean la cara como si tu fuera un mangante" , canta o músico mentres mostra imaxes dos seus compatriotas en Lugo, traballando en barberías, limpezas ou locutorios.