Ourense localiza o primeiro positivo PCR en Galicia grazas ao novo rexistro de viaxeiros
A área sanitaria de Ourense rexistrou este sábado o seu primeiro caso de coronavirus derivado dunha PCR realizada de forma preventiva a unha persoa rexistrada no novo rexistro de viaxeiros posto en marcha pola Xunta.
Un retornado desde a República Dominicana tivo que facerse a proba ao ser requirido polo SERGAS tras facilitar os seus datos no novo rexistro

PROBA PREVENTIVA
A proba, engadiron, realizóuselle de forma preventiva ao inscribirse no rexistro obrigatorio de viaxeiros, posto en marcha esta mesma semana e que obriga a dar os seus datos ás persoas que proceden de lugares cunha incidencia de COVID-19 superior á galega ou dos que non hai informacións fiables.De acordo co protocolo, procedeuse tamén ha rastrexar aos seus contactos próximos, que xa gardan corentena.
Escribe o teu comentario