Unha rede compraba pasaportes por 1.500 euros para traer dominicanos
Os documentos era enviados ata aquel país persoalmente por medio de persoas de confianza da rede ou mediante empresas de paquetería
A Policía Nacional detivo en Madrid, Santiago de Compostela e Barcelona a cinco persoas que se dedicaban a comprar pasaportes españois a cidadáns dominicanos nacionalizados, por uns 1.500 euros o exemplar, para introducir irregularmente en España a persoas procedentes da República Dominicana.
Imaxe de arquivo de Barajas
Os cinco detidos eran membros dunha rede que operaba no Aeroporto Madrid, onde a Policía viña detectando a chegada de pasaxeiros procedentes da República Dominicana con documentos orixinais e auténticos expedidos por España, pero cuxos portadores non eran os seus lexítimos titulares. Así, denegábaselles a entrada e enviábaselles de volta ao seu país, segundo informou a Policía en un comunicado.
DENUNCIABAN A PERDA DO PASAPORTE
Tras diversas investigacións, descubriuse que o modus operandi da rede consistía en efectuar denuncias falsas de perda de documentos por parte dos lexítimos donos, antes de que se producise o voo, para que non se lles relacionase coa compravenda. Os pasaportes enviábanse por medio de persoas de confianza para a rede ata o país de destino ou través de sistemas de paquetería.
Finalmente logrouse identificar aos principais responsables da organización, arrestando de dúas persoas en Madrid, dúas en Barcelona e unha en Santiago de Compostela. Así mesmo, durante os rexistros que fixo a Policía, desmantelouse en Barcelona un completo laboratorio de falsificación de documentos.
Escribe o teu comentario