Juan Carlos I escolle a República Dominicana para residir tras saír de España vía Sanxenxo e O Porto
Os Fanjul, unha coñecida e poderosa familia cubana afincanda en Miami, actuará probablemente como anfitrión do Emérito. Na República Dominicana posúen a Casa de Campo, un complexo hostaleiro que se atopa entre os máis luxosos de todo o Caribe.

O rei emérito Juan Carlos I instalouse na República Dominica tras abandonar España.Conta no país caribeño co apoio da familia Fanjul, coñecidos como os reis da cana de azucre e teñen entre os seus membros cun bo amigo seu, Pepe Fanjul. Este é, ademais, propietario dun complexo hostaleiro de luxo na illa.
Juan Carlos I e un ministro da República Dominicana nunha imaxe de 2016 difundida no seu día pola Casa Real
Segundo esas fontes, o rei emérito se dirixiu á localidade galega de Sanxenxo tras abandonar Madrid. Tras pasar alí unha noite, ao día seguinte dirixiuse ao Porto desde onde voou ao país caribeño.
Aínda que desde o Palacio da Zarzuela non se quixo confirmar nin desmentir o actual paradoiro do Juan Carlos , algunhas fontes sinalan que este non ten por que ser o seu destino definitivo.
Escribe o teu comentario