Podémolo ver claramente na gráfica que mide a porcentaxe de cambio. Os casos activos están a aumentar un 5,8% cada día, cando a mediados de agosto estaban a aumentar un 13% cada día, de acordo á media móbil a sete días, que nos permite ver as tendencias sen as distorsión produto de cifras excepcionais dunha determinada xornada. Onte, creceron un 4,5%, a mellor cifra desde o mes de agosto.
Salvador Illa cualifica de "contudente" a resposta da Xunta de Galicia e da Generalitat de Catalunya, aínda que admite que a situación é preocupante, e pide máis tempo para ver os resultados. O ministro reitera que é "normal" que vaian aparecendo tantos rebrotes por todo o país, a clave segue sendo localizalos de maneira precoz para illalos.
Por agora a maioría dos repuntes están a sufrirse en zonas costeiras. Con todo, o máis grave ten lugar en Zaragoza,onde varias comarcas tiveron que retroceder a fase 2.