O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que as escolas infantís de entre 0 e 3 anos non reabrirán ata o curso que vén --do mesmo xeito que os centros de día e ocupacionais--. Para paliar os efectos e favorecer a "reincorporación" dos pais aos seus empregos tras o pico da pandemia, o xefe do Executivo anunciou un paquete de medidas de conciliación dotado de 40 millóns de euros.