Alguén parece estar a incendiar locais termais en Ourense
O local da cafetería Pozas de Maimón, propiedade da concellería de Comercio do Concello de Ourense, ardeu ás 02,09 horas da madrugada deste domingo, provocando tan só danos materiais. Para a extinción do lume necesitouse a actuación dun camión motobomba do servizo de bombeiros local así como varias patrullas de policía, tanto Local como Nacional.De madrugada, do mesmo xeito que sucedeu co incendio de o local das termas de Chavasqueira hai uns meses, as chamas consumiron a cafetería situada en fronte ás termas de Outariz, nas Pozas de Maimón. Dous incendios nocturnos en dous locais relacionados no termalismo ourensán en poucos meses, un deles, o da Chavasqueira, que a policía xa considera intencionado. Quen pode estar detrás da destrución dun dos poucos motores económicos da cidade?