narcos

11 detidos por agora en redadas antidroga en varias provincias con comiso de barcos na Pobra, O Barbanza

A cantidade de droga, inicialmente 10 quilos de cocaína, aumenta ata os 30 tras rexistros nunha acción que segue en marcha.


Clan de narcos de Arousa sorprendido con media tonelada de cocaína nunha casa alugada de Ribadeo
Axentes do Equipo contra o Crime Organizado (ECO) en Galicia da Garda Civil e efectivos da Unidade Central Operativa (UCO) desprazados desde Madrid detiveron a seis persoas e intervido máis de media tonelada de cocaína nun operativo desenvolvido no municipio de Ribadeo (Lugo) en relación cun clan histórico de narcotraficantes galego.
Incautado un alixo de coca nun barco en Vigo, a policía sospeita de que os narcos se infiltran nos mercantes
A Policía Nacional e Vixilancia Aduaneira interviñeron no porto de Vigo 10,4 quilos de cocaína que se atopaban dentro de dúas bolsas de deporte ocultas nun dos condutos de aire acondicionado dun buque portavehículos.
O narcosubmarino transportaba droga por valor de cen millóns de euros capitaneado por un galego que segue fuxido

O delegado do Goberno en Galicia acaba de explicar que incautaron unhas tres toneladas de cocaína a bordo do primeiro submarino transoceánico capturado aos narcos do país.A nave pasará á Escola Naval de Marín e será inspeccionada en detalle na instalacións da Armada Española.Javier Losada indicou que a incautación supón un salto cualitativo na loita contra o narcotráfico galego.

Comeza o xuízo contra unha rede de narcos liderada presuntamente por un avogado con antecedentes
Os implicados, que usaban teléfonos encriptados para comunicarse, tentaran antes unha operación de cocaína
O presunto xefe narco detido o luns recibiu unha subvención de la Xunta


Manuel Osorio Grande, o suposto xefe do grupo de narcotraficantes detido este martes, é un vello coñecido das hemerotecas galegas. E non só polas súas presuntas conexións co tráfico de drogas, tamén coa política, os negocios náuticos e o deporte.

As lanchas para perseguir aos narcos galegos pasan semanas paradas

Hai intención real de combater a "fariña" cando as lanchas do SVA están paradas 15 días cada mes e hai funcionarios de 68 anos? Isto é o que se preguntan os traballadores de aduanas a través dun dos seus sindicatos.

(VÍDEO) Narcos de Ourense asaltaban a narcos de Cádiz a berros de "Garda Civil!"

Roubaban en 'garderías' da costa andaluza disfrazados de axentes e armados. Colléronos 'in fraganti' no Campo de Xibraltar .pero tentaron fuxir

Varias casas de Marcial Dorado a poxa
O hotel Wellington de Madrid acollerá este martes ao mediodía unha poxa pública na que sairán a poxa, entre outros bens, varias leiras que foron comisadas a Marcial Dourado ou a sociedades vinculadas con el e a súa contorna, tras unha condena por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.
Sito Miñanco planta cara no xuízo tirando de Interviú

O histórico 'narco' José Ramón Prado Bugallo, coñecido como Sito Miñanco, negou este xoves os cargos por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico 

Os clans da "fariña" seguen a funcionar: 1.500 quilos incautados nun veleiro destino Galicia

Destaca que nas tres operacións -unha executada polos xendarmes lusos- había tripulantes croatas.A Policía cre que o tres veleiros interceptados tiñan relación.

Así lle chivaban aos narcos galegos as súas toupas da Garda Civil


En Galicia segue habendo señores da "Fariña". Clans organizados que importan grandes cantidades de droga e que son moito máis discretos que os seus famosos antecesores. Noutra cousa se coinciden con eles, iso si. Teñen "topuas" entre os axentes galegos antidroga, como proba esta nova sentenza.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE