As lanchas para perseguir aos narcos galegos pasan semanas paradas

Hai intención real de combater a "fariña" cando as lanchas do SVA están paradas 15 días cada mes e hai funcionarios de 68 anos? Isto é o que se preguntan os traballadores de aduanas a través dun dos seus sindicatos.


|

Hai intención real de combater a "fariña" cando as lanchas do SVA están paradas 15 días cada mes e hai funcionarios de 68 anos? Isto é o que se preguntan os traballadores de aduanas a través dun dos seus sindicatos.


Aduanasdocumentacion

A representación da CIG na Axencia Tributaria alerta de que o servizo de vixilancia aduaneira está "en mínimos". "De non poñérselle remedio, nun futuro moi próximo terá que empezar a pechar bases por falta de persoal", advirte. A representación da CIG na Axencia Tributaria alerta de que o servizo de vixilancia aduaneira está "en mínimos". "De non poñérselle remedio, nun futuro moi próximo terá que empezar a pechar bases por falta de persoal", advirte.


A crítica foi referendada pola Asociación de Policía Aduaneira e Fiscal a través das súas redes sociais:






"FALTA DE EFECTIVOS"

A través de unha nota de prensa, a central nacionalista explica que a "a elevada idade" dos funcionarios do servizo "súmase a falta de efectivos". Respecto diso, critica a "dirección" que leva o servizo en Galicia, á que atribúe que Galicia "segue sendo un dos puntos de maior entrada de droga de Europa".


Así, apunta que desde o mes de noviembre as embarcacións de Marín e Muros e Costa da Morte están "paradas 15 días ao mes por falta de xefes de embarcación".



Lancha vixilancia aduaneira en Maru00edn Rodman 55HJ SVA

Patrulleiro de alta velocidade clase Corvo mariño (Rodman-55HJ) Aguia-I na Base Naval de Marín. | Outisnn   CC BY-SA 3.0


No caso de Vilagarcía, de catro xefes de embarcación "só queda unha persoa facendo as funcións propias do seu posto", asegura, "co cal se non recorren a persoal doutras bases, tamén esta embarcación permanecerá parada 15 días ao mes".


En Ribadeo, debido á "carencia" de axentes marítimos, "está a recorrerse a persoal de seguridade privada para a vixilancia da propia embarcación", indica a CIG.


Engade que hai personal de 68 anos tanto no Marítimo como en Investigación e durante este ano 2019 conta con que se xubilen "como mínimo" oito funcionarios das distintas categorías. En marzo, incide, está previsto que se xubilen dous xefes de máquinas. A todo iso engádelle que as embarcacións de Muros e Ribadeo "teñen máis de 33 anos".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE