Os clans da "fariña" seguen a funcionar: 1.500 quilos incautados nun veleiro destino Galicia

Destaca que nas tres operacións -unha executada polos xendarmes lusos- había tripulantes croatas.A Policía cre que o tres veleiros interceptados tiñan relación.


|

A abordaxe do veleiro Wallstreet desmantela unha operación con todas as características dos clans galegos. Un navío embarca cocaína colombiana no Caribe, neste caso fronte a Güiana, e, ao mando dunha experta tripulación, diríxese cara a Galicia para descargar a droga ou traspasala a algún pesqueiro que a leve a terra.


20180703123536

O Wallstreet en Cádiz


A Policía Nacional impediuno ao abordar o navío nas proximidades de Azores o 25 de xuño, tras unha travesía de 20 días. Coa axuda do Patrulleiro da Armada 'Atalaya', un equipo dos GEO abordou o iate.


MILLÓNS DE EUROS EN DROGA

O veleiro chegou hoxe a Cádiz coa súa carga: 1.500 quilos de cocaína de máxima calidade, cun valor no mercado de 90 millóns de euros. Os 54 fardos non viaxaban escondidos, ocupaban calquera lugar a bordo.


Tamén se interveu unha escopeta con 10 cartuchos, 5.000 euros en metálico e varios equipos informáticos para comunicación vía satélite. No "Wallstreet", que a Policía de varios países vixiaban hai tempo, apresáronse tres tripulantes, un cidadán estadounidense e dous de nacionalidade croata. Dous deles con antecedentes policiais con narcotráfico.


TRES VELEIROS EN QUINCE DÍAS

Esta é a terceira embarcación interceptada nas últimas dúas semanas no Atlántico procedentes de Sudamérica. Entre o tres suman cinco quilos de cocaína. Destaca que nas tres operacións -unha executada polos xendarmes lusos- había tripulantes croatas.


A Policía cre que o tres veleiros interceptados tiñan relación. O Ministerio de Interior non confirmou que organización os fretou. Agora ben, hoxe filtrouse que polo menos o "Wallstreet" tiña destino Galicia, o que confirma que no país seguen operando organizacións especializadas na descarga de droga.

relacionada O libro Fariña xa non está censurado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE