O narcosubmarino transportaba droga por valor de cen millóns de euros capitaneado por un galego que segue fuxido

O delegado do Goberno en Galicia acaba de explicar que incautaron unhas tres toneladas de cocaína a bordo do primeiro submarino transoceánico capturado aos narcos do país.A nave pasará á Escola Naval de Marín e será inspeccionada en detalle na instalacións da Armada Española.Javier Losada indicou que a incautación supón un salto cualitativo na loita contra o narcotráfico galego.


|

O delegado do Goberno en Galicia acaba de explicar que incautaron máis de tres toneladas de cocaína a bordo do primeiro submarino transoceánico capturado aos narcos do país.


Nacosubmarino


A nave, afundida polos narcos na Ría de Aldán e rescatada este martes, será agora transportada á Escola Naval de Marín e será inspeccionada en detalle na instalacións da Armada Española.


Javier Losada indicou que a incautación supón un salto cualitativo na loita contra o narcotráfico galego. O delegado do Goberno compareceu con representantes doutros países. Na operación participaron axentes de Brasil, Estados Unidos e Portugal.


Losada evitou, iso si, indicar de onde procedía a nave, de América ou se atracara noutro lugar a medio camiño. Sábese, iso si, que a bordo tamén había unha cantidade importante de combustible.


A droga está repartida nuns 150 fardos. O seu valor no mercado negro a pé de rúa podería chegar ata os 100 millóns de euros, calculan as autoridades.


"É a primeira vez que puxo a recado un sumergible que transporta 152 fardos e aproximadamente 3.500 quilos de droga", sinalou Losada, aínda que puntualizou que aínda hai que facer a "pesada final".


Tal cantidade de droga e o salto loxístico que supón o narcosubmarino fai pensar que detrás do seu frete está algún dos grandes clans galegos do narcotráfico, plenamente operativos visto o gran volume de incautacións destes últimos anos.


Un dos seus membros é, probablemente, o galego que segue fuxido, tras saltar a nado desde o submarino. Os seus dous compañeiros ecuatorianos si foron arrestados e están en xa en prisión.


Autoridades pousan diante do narcosubmarino incautado





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE