No SERGAS tocamos a menos de catro psicólogos clínicos por cada 100.000 persoas. Son tan poucos e a súa incorporación é tan lenta que, na práctica, en Galicia "vulnérase o dereito dos usuarios para acceder a tratamentos psicolóxicos que quedan recollidos na carteira do SERGAS". Esta é a denuncia lanzada hoxe por Asociación Nacional de Psicólogos Clínicos e Residentes (ANPIR). As consecuencias de meses de espera para ver ao especialista non son menores: suicidios, adiccións e abuso das receitas de psicofármacos.
Segundo o informe do Valedor, o hospital está lonxe de "a concepción actual de unidades hospitalarias psiquiátricas" debido ao perfil da maioría dos e as pacientes ingresadas
O Movemento Galego da Saúde Mental condena duramente a decisión da Consellería de Sanidade de non crear unha unidade específica de atención á saúde mental para infancia e adolescencia no CHUVI
O Movemento Galego dá Saúde Mental denunciou "varios signos de grave deterioración" na atención á saúde mental nos Hositales de Conxo (Santiago de Compostela) e de Calde (Lugo)
O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia que se manteñen as mesmas carencias e reitera a súa denuncia pública.
Desde a plataforma poñen de manifesto o mal estado das instalacións e o trato do Sergas e a Xunta aos pacientes psiquiátricos.
O Movemento Galego da Saúde Mental critica que a prevención se reduce á dimensión de asistencia sanitaria.
Para o Movemento Galego da Saúde Mental, a deterioración en psiquiatría reflicte o marco no que hai pouco faleceu un paciente que se atopaba en contención mecánica.