A Xunta viola o dereito dos galegos para recibir tratamento psicólogico, denuncia a asociación estatal de psicólogos
No SERGAS tocamos a menos de catro psicólogos clínicos por cada 100.000 persoas. Son tan poucos e a súa incorporación é tan lenta que, na práctica, en Galicia "vulnérase o dereito dos usuarios para acceder a tratamentos psicolóxicos que quedan recollidos na carteira do SERGAS". Esta é a denuncia lanzada hoxe por Asociación Nacional de Psicólogos Clínicos e Residentes (ANPIR). As consecuencias de meses de espera para ver ao especialista non son menores: suicidios, adiccións e abuso das receitas de psicofármacos.
No SERGAS tocamos a menos de catro psicólogos clínicos por cada 100.000 persoas. Son tan poucos e a súa incorporación é tan lenta que, na práctica, en Galicia "vulnérase o dereito dos usuarios para acceder a tratamentos psicolóxicos que quedan recollidos na carteira do SERGAS". Esta é a denuncia lanzada hoxe por Asociación Nacional de Psicólogos Clínicos e Residentes (ANPIR). As consecuencias de meses de espera para ver ao especialista non son menores: suicidios, adiccións e abuso das receitas de psicofármacos.
Algunhas das marcas máis coñecidas de tranquilizantes
NOVE MESES PARA VER AO PSICÓLOGO CLÍNICO
O colectivo profesional cifra os recursos humanos dispoñibles en 3,47 especialistas en Psicoloxía Clínica por cada 100.000 habitantes. Unha "cifra afastada á media nacional e que probablemente se atope entre as máis baixas do Estado".
ANPIR lembra tamén que Galicia é " unha comunidade autónoma que, ademais, se
ve aburada por unha galopante desigualdade social, unhas alarmantes taxas de suicidio e de
drogodependencias". As listas de espera para ver aos psicólogos clínicos son "próximas aos 9 meses nalgunhas áreas de saúde".
ABUSO DA PRESCRICIÓN DE TRANQUILIZANTES COMO ALPRAZOLAM E SIMILARES
Ante a incapacidade estrutural do SERGAS de atender os problemas psicolóxicos dos galegos, os médicos de familia ven a miúdo forzados a gañar tempor psicofármacos para acougar os síntomas mentres os pacientes non teñen acceso aos especialistas. Medicamentos como ansiolíticos tranquilizantes, como o alprazolam, que ás veces teñen potencial adictivo. Un círculo vicioso que incluso ha ayudado a crear un mercado negro de algunas marcas.
A falta de psicólogos no SERGAS é unha problemática antiga. A Xunta non logrou liquidala nos últimos anos a pesar de constantes denuncias de colectivos como o Movemento Galego pola Saúde Mental, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a oposición.
QUEN PODE DIAGNOSTICAR UNHA ENFERMIDADE MENTAL?
Na vertente política, o asunto chegou ao Parlamento o pasado 28 de novembro. Jorge Aboal, director de Asistencia Sanitaria de o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) escusouse en que só os psiquiatras poden realizar o acto médico do diagnóstico clínico dunha enfermidade mental, erosionando as capacidade xurídica que legalmente ten recoñecido o posto de psicólogo clínico, lembra ANPIR.
"Fáisenos doutra época, cumprindo a nosa especialidade recentemente 21 anos de historia, ter que comunicar aquí a competencia cotiá dos especialistas en Psicoloxía Clínica para a avaliación, diagnóstico e tratamento dos trastornos mentais", responde ANPIR ao mandatario do SERGAS.
UN NOVO PLAN PARA O ANO PRÓXIMO
A Xunta xa anunciou que para o próximo ano haberá novo Plan Estratéxico de Saúde Mental 2020-2023. Descoñécese ata que punto servirá para aumentar as exiguas hostes de psicólogos e psiquiatras no SERGAS.
Por agora o único que se coñece oficialmente é que aprobarase o ano próximo con cinco liñas estratéxicas e 112 proxectos. A Consellería de Sanidade tamén prometeu vías rápidas para atención ao suicidio nas sete áreas sanitarias de Galicia para 2020.
ADHESIÓNS Á CRÍTICA ESTATAL
O comunicado de ANPIR conta coa adhesión de catro entidades galegas, incluídos os propios psicólogos clínicos do SERGAS: Asociación de Psicólogos Clínicos do SERGAS, Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes, Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Mesa Galega de Psicoloxía Clínica.
Escribe o teu comentario